martes, 10 de marzo de 2009

Fraga de Anllares

En Mazaricos podemos descubrir a fraga máis occidental de Europa. A fraga de Anllares ten máis de 60 Ha dunha beleza tan inhumana que a fixo aspirar á condición de parque natural. A devesa de Anllares está pegada ó río Xallas, e malia que lle cortaron moitos carballos hai anos aínda ocupa unha extensión notable e homoxénea, como se aprecia se a divisamos dende o outro lado do río ( do lado de San Crimenzo). Os plebeos eucaliptos ( eucalyptus globulus) Mazaricos foron plantádos no medio dunha auténtica revolta popular que mesmo lle custou a vida a un veciño de Eirón e feridas a outros dous aló polo ano 1963, cando o franquismo impuña a súa política forestal pola zona. O estado incautou os montes que non tivesen valado nin tivesen rexistrados. Conta Don Ramón Villares en Galicia século XX, que era terra da desamortización, de uso veciñal dende que fora retirada ó clero e que os veciños impediron ata en dúas ocasións que as máquinas entrasen no monte. Na 3ª ocasión ca presenza da garda civil conseguirono, pero houbo tiros. Os tres homes que sufriron feridas de bala estaban a 70 metros de distancia, según o informe dos gardas e morreron ó día seguinte.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Espero que continuedes con este traballo tan bo que nos serviu para coñecer un pouco mellor esa preciosa zona, por outra banda, tan descoñecida. Noraboa por o traballo feito e non deixedes de continualo e completalo, será un pracer seguirvos.

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você