lunes, 2 de marzo de 2009

Límites da cunca

Dende a Ponte Ézaro a divisoria da cunca, pola marxe dereita,comezaa a manifestarse claramente co impoñente macizo granítico do monte Pindo, o Olimpo dos deuses galegos, ó decir do mestre Otero Pedrayo, dende o seu cumio da Mamoa (641 m) diríxese cara ó SE polo Petón de Cornes (445 m) e o Alto de Adraño ( 503 m). Fai logo unha incurvación arrodeando polo sur as fontes do río Beva ata o Alto dos Confurcos, onde toma unha decidida dirección NE debuxándose de maneira moi indecisa polas Brañas de Gosende que parten augas entre o río Abuín e o río Trece (afluente do río Barcala) ata acadar o monte Boiro (527 m). A partin deste punto a divisoria márcase moi nítidamente: formada polo bordo da fractura meridiana o pé da cal corren as augas do Dubra. Seguen os lindes polo monte Castelo (569 m) onde teñen orixe as nacentes do Xallas e, logo, rodeando a lagoa de Alcaián ou Braña Rubia, acadan o alto de Campelo ( 449 m) separando as augas que van ó río Anllóns, e dirixíndose, de seguido, ó SO ata o cumio do Couso (538 m)

Unha serie de fallas de dirección NO / SE, concretamente tres segundo NONN, sitúandose ó pé do bordo N ergueito da Meseta de erosión co que resulta, por unha parte, un descenso en sucesivos chanzos dende as penechairas ata a comarca de Bergantiños, e , por outra, que toda a cabeceira do Xallas presenta unha imaxe de alteriosos “horst” ben configurado pola disposición das fracturas que o arrodean.

Dende o Couso a divisoria camiña cara o SO facéndose tortuosa e indecisa, e separando as cuncas do río Grande e o do río de Castro ata acada-lo monte da Croa (432 m). Torce cara ó sur e polo alto da Cruz (563 m ) e a Corvaliza (472 m) acabala os montes de Buxantes ata acadar de novo a Ponte do Ézaro.

A cunca así delimitada ten unha extensión de 504,2 km² cun índice de alongamento do 0,39.Presenta unha lixeira asimetría a favor da banda esquerda que posúe os afluentes máis longos: na marxe dereita os de maior lonxitude son o río Mira con 8 km e o río García con 9 km pola esquerda o Abuín con 19,5 km e o río Beba con 16 km.

O río colector que a drena ten unha lonxitude de 64,5 km contando a cabeceira do río Bazar. O seu índice é de gran sinuosidade 1,62 e a súa pendente media é de 0,68 % que se tradice nos seguintes tramos do perfil.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você