lunes, 2 de marzo de 2009

Perfil lonxitudinal

É sen dúbida, un dos perfís máis orixinais de Galicia e quizáis da Península Ibérica. Este río senil, maino … cunha pendente media do 1,6 % na cabeceira e do 0,26 % no curso medio, acada un pulo xuvenil para fendelo duro granito bitítico ( moi rico en seixo) da desembocadura. Xa dende a cota dos 200 m forma unha ampla converxidade que se vai acentuando cara á desembocadura. Deste xeito acada ata os 140 m un 2 % de pendente, a partir daquí un 11%. O Xallas, co seu pequeño caudal, incapaz de romper o granito do Pindo, traduce o seu curso nunha espectacular fervenza, quizáis a máis fermosa de Galicia.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você