lunes, 2 de marzo de 2009

Situación de Mazaricos

O concello de Mazaricos atópase ó sur dos de Zas, Vimianzo, e Dumbría, e ó norte de Muros e Outes. Linda ó oeste co de Carnota e ó este co de Santa Comba e Negreira. A principal carretera que atravesa o térmo municipal é a de Serra de Outes a Dubría, que se cruza en Pino de Val coa que vai de Coristanco a Muros. Por esa última a distancia a A Coruña é de 85 kilómetros e a Santiago por Noia, 62 kilómetros. Si se quere acceder a Mazaricos pola carretera C-552, de A Coruña a Fisterra, habrá que desviarse en Dumbría e continuar en dirección a Noia 16 kilómetros máis.
A capital municipal resideu en varios lugares. O primeiro foi Outeiro, da parroquia de Mazaricos. Logo pasou á aldea de Beba, na parroquia do mesmo nome. Retornou a Atán, lugar casi unido a Outeiro, e finalmente quedou establecida en A Picota.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você