lunes, 2 de marzo de 2009

Situación de Santa Comba

Agora vamos a comentarvos un pouco sobre a situación e a xeografía dos catro concellos polos que pasa o río Xallas ( Santa Comba, Zas, Mazaricos e Dumbría).

Santa Comba é un municipio que pertence á Comarca do Xallas, xunto co concello de Mazaricos, ambos na provincia de A Coruña.

Atópase nas coordenadas 42º 34´ 00´´ Norte e 05º 09´ 00´´ Oeste.

A súa capital municipal é Santa Cataliña da Armada, hoxe fusionada co núcleo poboacional de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio.

Este concello atópase moi ben comunicado, a 62 kilómetros de A Coruña, a 28 kilómetros de Santiago de Compostela (ambas cidades contan con aeroporto) e a 68 kilómetros do Cabo de Fisterra.

Conta con 17 parroquias: Santa María de Alón, San Vicente de Arantón, San Mamede de Bazar, San Pedro de Cícere, San Martiño de Fontecada, San Fins de Freixeiro, San Xoán de Grixoa, Santa María de Grixoa de Esternade, San Cristovo de Mallón, Santa María de Montouto, San André de A Pereira, San Salvador de Padreiro, San Xulián de Santa Sabiña, San Pedro de Ser, Santa María de Vilamaior e San Pedro de Xallas de Castriz.


0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você