lunes, 2 de marzo de 2009

Situación de Zas

O concello de Zas atópase situado na zona central da Costa da Morte e linda cos municipios de Cabanas de Bergantiños ó norte; Coristanco e Santa Comba ó leste; Mazaricos ó sur e Vimianzo e Laxe ó oeste.

É un territorio de forma moi alongada na dirección norte – sur, onde destaca a altura do Pico de Meda.

Conta cun total de 16 parroquias, as do norte situadas ó longo do río Grande, e as do sur, situadas ó lado do Xallas. As parroquias son: San Pedro de O Allo, Santa María de Baio, San Pedro de Brandomil, Santa María de Brandoñas, Santiago de Carreira, Santa María de Gandara, Santa María de Lamas, Santiago de Loroño, Santa María de Mira, San Tirso de Muíño, San Cremenzo de Pazos, San Martiño de Meanos, Santa Sía de Roma, Santo Adrián de Castro, San Pedro de Vilar e Santo André de Zas.

Conta con tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas e Brandomil.

É un concello evidentemente agrícola e gandeiro, aínda que tamén hai unha parte da poboación adicada á industria, ó comercio e á hostalaría, concentrada, sobretodo en Baio.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você