lunes, 2 de marzo de 2009

Xeografía de Dumbría

Dumbría ten un relevo accidentado no que se alternan montes, moitos destes repoboados con pinares, grandes pradeiras e vales con diversos cultivos, millo, centeo, patacas e fabas. Entre o gando predomina o vacún e o porcino.
A extensión do termo municipal é grande, 125.1 km cadrados, pero a poboación relativamente escasa, 4.250 habitantes, o que lle da unha pequena densidade de poboación de 33.97 habitantes por kilómetro cadrado. O clima ten as características propias das zonas próximas á costa. A oscilación térmica aumenta lixeiramente, excepto no punto costeiro do Ézaro, e ainda que as choivas alcanzan os 2.000 milímetros anuais, producese unha notable disminución da auga caída durante os meses de xullo e agosto, chegando a darse o fenómeno da aridez estival. O río principal é o Xallas que recorre todo o linde meridional do municipio, dende o embalse da Fervenza, construído en 1.996, ata a súa espectacular desembocadura na fervenza do Ézaro. Ó largo do seu percorrido sucedense os embalses (Ponte Olveira, Castrelo) e as centrais eléctricas (Xallas e Ézaro). Ó Xallas van a darlle todos o regatos da mitade meridional do municipio, mentres que polo norte é o río Castro o que marca o linde co municipio de Muxía. Entre ambos, o pequeno río de Brens baixa polo val de Buxantes ata desembocar na ensenada de Brens, dentro do municipio de Cee. Ademáis das produccións agrícolas, gandeiras e forestais, a da enerxía eléctrica, ten Dumbría unha reducida saída ó mar no Ézaro cun pequeno porto pesqueiro, e un monte Pedriña, cerca de Hospital, unha factoría de Carburos Metálicos.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você