lunes, 2 de marzo de 2009

O Xallas deixa Santa Comba

Seguindo augas abaixo, logo da praia fluvial de Esmorode, atopámonos na marxe dereita do río (baixando) coa parroquia de San Cristovo de Mallón; e á marxe esquerda coa parroquia de Santa María de Alón. O seu paso polas citadas parroquia recorre as aldeas de San Cristovo, Tapia e Truebe ( Mallón) e Alón de Arriba e A Cruzada.

O río Abuín, principal afluente do río Xallas, nace na Pedra do Penedo, na aldea de A Illa. No seu nacemento chámase Rego da Illa. Rodea a parroquia de Freixeiro, pasa polas parroquías de Ser e Alón e ó seu paso por Truebe (parroquia de Mallón), serpentea 19 km para desembocar no Xallas.

Antes de adentrarse no concello de Zas, o río percorre a aldea de Castiñeira, pertencente á parroquia da Pereira.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você