lunes, 2 de marzo de 2009

Xeografía de Mazaricos

O relevo de Mazaricos é accidentado e montuoso, cunha altura media que oscila entre os 300 e os 400 metros. A única excepción é a espaciosa veiga que se desplega ás riberias do Xallas. A el van todas as augas do termo municipal, si exceptuamos as do río Santabaia, que forma o pequeno val de Chacín orientado cara a ría de Muros e Noia. As máximas alturas atópanse nos montes da Ruña (641metros). O macizo do Pindo e a súa prolongación cara o sur, separan a Mazaricos da ensenada de Carnota e do mar.
A poboación de Mazaricos é de 6.662 habitantes, diseminados pola súa superficie de 191,6 kilómetros cadrados, sen ningunha aglomeración urbana importante. En extensión é o terceiro da provincia, despóis de Santiago e Santa Comba, mentres que a densidade de poboación, 34,7 habitantes por kilómetro cadrado é unha das máis baixas.
O clima é oceánico húmido, propio das comarcas galegas próximas á costa atlántica. As precipitacións caracterízanse pola súa grande oxcilación. Moi frecuentes en inverno, descende notablemente durante os meses estivais, sendo a media anual próxima ós 2.000 milímetros. As oscilacións térmicas son lixeiramente máis contrastadas que na costa, rexistrándose algúns días de xeada, ainda que poucos en inverno.
A ocupación das xentes de Mazaricos é casi exclusivamente agrícola e ganadeira, e en segundo termo, a actividade forestal.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você