lunes, 2 de marzo de 2009

Ponte de Brandomil

Unha vez que o Xallas deixa Santa Comba adentrase en Zas, concretamente na parroquia de Brandomil.
Sin duvida unha das primeiras imaxes que nos ven a cabeza cando pensamos en Brandomil é a da súa maravillosa ponte, que ten moita historia. Esta ponte pese a que leva o nome de “romana” non pertence totalmente a esta época, xa que aínda que pode ter algún fundamento, as características constructivas son propias do século XVI. A ponte consta de 3 arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles,
mentras que o cuarto é máis pequeño. Os tres arcos centrais, coinciden co cauce normal do río, e están formados por dúas roscas con uns 20 centímetros de voladizo. As bóvedas dos tímpanos son de sillería. Consérvanse ben os pretiles e un tramo de calzada que se alonga por un dos extremos chegando a cruzar a carretera principal. Ben coñecido é por todos que a ponte coa que actualmente nos podemos atopar non é a orixinaria , si non que é a reconstrucción feita despois da caída da orixinal, datando esta caída do ano 1989. Pese a todo a ponte sigue conservando o seu encanto e veleza orixinaria, aumentada agora por un cruceiro de pedra que repousa ó seu lado xunto con unha área de descanso. Este paraxe non lle é alleo a todos os visitantes que recibe, sobre todo durante os días non laborables. Agora todos vostedes quedan invitados a descubrir personalmente os encantos que se agochan neste rincón a entrada de Brandomil.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você