Como poidestedes comprovar aumentamos un pouco o índice, agora é:
1. Presentación
2.Esquema
3. Situación e Xeografía:
3.1 Santa Comba
3.2 Zas
3.3 Mazaricos
3.4 Dumbría
4. Introducción
4.1Características xerais da hidrografía galega
4.2Límites da cunca
4.3 Pérfil lonxitudinal
4.4 Aspectos xeomorfolóxicos
5.Curso do Río Xallas
5.1 Nacemento
5.2 Curso do Xallas
5.3 Muíños
5.4 Praias fluviais
5.5 Afluentes
5.6 Centrais
5.7 Balsa
5.8 Desembocadura
6. Aproveitamentos enerxéticos
6.1 Enerxía eólica
6.2 Enerxía hidraulica
6.3 Ferroatlántica
7. Construccións importantes
7.1 Cruceiros
7.2 Dolmens
7.3 Muíños
8. Rutas
8.1 Interese turístico
9. Mitos e lendas
10. Cotos
10.1 Fauna
10.2 Rexime de pesca
11. Flora
Pois con isto damos por rematado o noso proxecto de investigación sobre o río Xallas, esperamos que sexa do voso agrado e descubrisedes cousas novas sobre esta comarca, ó igual que nos pasou a nós.
domingo, 15 de marzo de 2009
Final
Publicado por Fran e Rocío en 7:57 0 comentarios
Etiquetas: Final
martes, 10 de marzo de 2009
Fraga de Anllares


Publicado por Fran e Rocío en 4:28 1 comentarios
Etiquetas: Flora
Carballo anano

O carballo anano é a primeira especie que se incorpora ó Catálogo Galego de Especies Ameazadas despois da súa aprovación no 2.007. Non entanto, existen moitos máis candidatos a formar parte da flora e fauna ameazada de Galicia. A maior dificultade que presentan as novas incorporacións a este Catálogo é a carencia de datos, sobre todo no aínda descoñecido mundo dos insectos onde se estima que en Galicia aínda hai por descubrir moitas especies novas para a ciencia.
A declaración como especie protexida implica que queda prohibido danar ás plantas e que deberá elaborarse un Plano de Conservación da especie que se agarda que sexa efectivo para aumentar o número de exemplares e mellorar a súa conservación.
Do mesmo xeito, ADEGA solicitará a declaración da área de distribución desta especie e do propio Monte Pindo como Monumento Natural, Paisaxe Protexida ou outra figura de protección ambiental que sirva ademáis de para garantir a conservación dos seus valores naturais, para promover o enorme interese ecoturístico e cultural desta privilexiada paraxe.
Publicado por Fran e Rocío en 4:26 0 comentarios
Etiquetas: Flora
Réximes de pesca no río Xallas
Troita común ( Salmo trutta fario):
Datas hábiles: 3º domingo de marzo – 15 de agosto
Cota de capturas: 5 exemplares/ pescador / día
Talla mínima: 23 cm
Cebos prohibidas a pesca con ovas de peixe, peixe vivo, morto ou en anacos.
Boga ( Chondostroma duriense):
Días hábiles: 3º domingo de marzo- 15 de agosto
Cota de capturas: sen cupo
Talla mínima: sen talla
Cebos: prohibida a pesca con ovas de peixe, peixe vivo, morto ou en anacos.
Cangrexo roxo (Procambarus clarkii):
Días hábiles: 3º domingo de marzo – 15 de agosto.
Cota de capturas: sen cota nin talla
Artes: máximo 10 reteis / pescador
* Artes (todas as especies): Máximo de 2 canas por pescador.
Publicado por Fran e Rocío en 4:21 0 comentarios
Etiquetas: Cotos
Troita
Nome cientifico:Salmo trutta
Familia.:Salmoninae (Salmonidos).
Tamaño e Peso:É unha especie de talla media que non adoita superar os 60 cm e pode chegar ata os 8 kg de peso.
Nomes comúns:
Castelán: trucha común ou pintona.
Galego: troita
Catalan: truita comuna.
Frances: truite de riviere
Ingles: brown trout.
Trazo e coloración:Corpo afundido,xusto por diante da aleta caudal:a mandibula superior chega máis ala do ollo. Pintas vermellas no costado (dependendo de se a auga ten máis ferro ou máis cal, as pintas serán máis vermellas ou máis negras). Aleta adiposa preto da aleta caudal, mancha negra xunto do ollo, bastante caracteristica. A femia ten dous orificios anales, mentres que o macho só ten un, as escamas son pequenas e visibles, a cantidade e a calidade de alimento do lugar onde evolucionan, asi como o tamaño do espazo fisico onde habitan, teñen unha marcada influencia sobre o desenvolvemento da troita; podendo desenvolver velocidades de natación duns 35 km hora.
Distribución: na península iberica, localízanse en case todas as cabeceiras fluviais da metade norte, na conca alta do segura, cabeceira do Guadalquivir e Serra Nevada.
Habitat: A pintona nace nas zonas altas dos rios, onde o auga é limpa e oxixenada, necesita entre 6 e 8 centimetros cúbicos de oxixeno por litro de auga, para cumprir as súas esixencias respiratorias.logo coa madurez, vai baixando o rio para aposentarse e protexer a súa zona de caza, ao ser moi territorial, ataca a calquera intruso ou ata a membros da súa mesma especie á hora de defender o seu territorio; os momentos mais activos para a troita son a saída do sol e a posta, é cando mais eclosions de insectos hai, dependendo do lugar, pode comer a calquera hora, de día ou de noite; a súa alimentación principalmente é a base de: larvas de insectos acuaticos, peixes, ras e de troitas máis pequenas e calquera insecto que caia á auga ou sexa arrastrado por ela. A súa reprodución prodúcese xeralmente entre novembro e decembro, coa temperatura da auga entre 4 e 10 grados, a femia escava un pequeno oco na grava e deposita os ovos e a continuación o macho fecundaos (entre 1000 e 2000 ovos por quilo de troita); logo de 40 días e o auga a uns 10 grados, nacen os novos alevíns.
Publicado por Fran e Rocío en 4:19 0 comentarios
Etiquetas: Fauna
Boga

En Estremadura existe unha variedade de boga endémica da conca do río Guadiana. A boga do Guadiana (Chondrostoma polylepis willcommii) é unha das variedades máis grandes chegándose a pescar exemplares de máis de medio kilogramo.
Publicado por Fran e Rocío en 4:19 0 comentarios
Etiquetas: Fauna
Cangrexo americano

O cangrexo vermello ou cangrexo americano comezou a introducirse en España nos anos sesenta co obxetivo de producilo para a súa introducción no mercado da alimentación. Os primeiros intentos non tiveron demasiado éxito e non foi ata 1973 cando unha partida introducida dende o estado norteamericano de Louisiana comezou a reproducirse según os deseos dos introductores. O seu tamaño acada os 10 cm dende a cabeza ó telson. A coloración varía dende a avermellada á gris azulada. Caparazón cefalotorácico con numerosas espiñas en ambos lados da sutura cervical. Cabeza con dous bordes converxentes. A súa alimentación é omnívora.
A reproducción comeza coa fecundación, en outono, da femia, polo macho. Os ovos, ó redor dun centenar permanecerán plegados ós pleópodos da nai. En primaveira eclosionarán os ovos e aparecerán pequenos cangrexos similares á nai. Máis de 40 anos despois dos primeiros intentos de introducción, a realidade é ben distinta. O cangrexo americano é un gran depredador e non ten á súa vez depredadores naturais que manteñan a súa poboación controlada, co cal a poboación non parou de medrar en todos os anos ata niveis que nalgúns casos representa un problema: desaparición de especies autóctonas e doutras especies de anfibios a causa da súa voracidade, problemas para os agricultores nos arrozáis, desaparición de especies vexetais a causa dos túneles que o cangrexo excava para vivir...Non conforme con este lamentable dano, resultou que era portador da afanomicosis.
Publicado por Fran e Rocío en 4:18 0 comentarios
Etiquetas: Fauna
Cotos
Actualmente o coto de Xallas atópase vedado debido o vertido de lodos de A Fervenza. Este ano fixéronse estudios de poboación con pesca elécrica en ámbolos dous cotos co fin de establecer os plans de xestións. Os peixes pescables no río Xallas son:
O salmón
A troita
A boga
O cangrexo de río
En vindeiros posts comentaremosvos a bioloxía destes animais e o réxime de pesca.
Publicado por Fran e Rocío en 4:17 0 comentarios
Etiquetas: Cotos
Brandomil
A vía XX era unha vía Romana que enlazaba Braga con Lugo pasando por Brigantium. Até Caldas de Reis ( Pontevedra) coincidía coa vía XIX, despóis separábase para ir máis preto da costa, de aí a denominación per loca marítima.
En Brandomil estaría situada unha mansio, que podía ser Glandimiro ou Ad Duos Pontes, que aparecen citadas no chamado itinerario de Antonino.
Entre os diversos achados atopados neste lugar hai que destacar as inscricións, todas teñen nomes latinos, non indíxenas, o que quer dicir que a xente que vivía en Brandomil viña de fóra de Ballaecia, eran cidadáns romanos ou latinos, que estarían ligados á administración imperial e ó control das explotacións minerais que había nos arredores.
A calidade das pezas atopadas fan pensar ós arqueólogos de que este era unha poboación con gustos máis urbanos e que tiñan pouco que ver co mundo rural circundante. Todo indica que era un centro importante da romanización polo s. IV D.C.
Publicado por Fran e Rocío en 4:16 0 comentarios
Etiquetas: Interés turístico
O Combate de Dumbría
Intrépitos galegos que

dende antigos días sobre a
fronte levades a estrela
vespertina, se queredes
ser fortes nas épicas
porfías, lembrádevos
do rudo combate de Dumbría.
...
Aos vosos nobres fillos
relembrar noite e día os
feitos denodados da vosa
xente antiga; recordade
decote os seus feitos i
ousadías, ¡Recordade o
famoso combate de
Dumbría!
Publicado por Fran e Rocío en 4:13 0 comentarios
Etiquetas: Historias e lendas
O rexurdir de Alcaián

Debido ás canles feitas na lagoa ó abriren alí unha mina de titanio e rútilo sobre os anos corenta a lagoa secou e nas escavacións que se levaron a cabo, apareceron restos arqueolóxicos dun poboado paleolítico. Alcaían foi un dos primeiros asentamentos humanos en Galicia.
Publicado por Fran e Rocío en 4:12 0 comentarios
Etiquetas: Historias e lendas
O mito de Alcaián

Sobre esta lagoa existe unha curiosa lenda que afirma que baixo as súas augas habia unha gran vila, a vila de Alcaián.
A lenda conta que nunha noite de treboada entraron na vila dous forasteiros solicitando refuxio e comida. Os habitantes de Alcaián negándose a covixar ós dous homes céivanlle os cans botándoos deste xeito da vila. As dúas persoas eran Xesucristo e un dos seus apóstolos.
Cando estaban a sair da vila Xesucristo dase a volta e levantando a voz di:
Que me encirraches os cans
Afundiraste
E nunca arriba volverás.
Dise pola zona que en ocasións chéganse a escoitar os ladridos dos cans, o canto dos galos e ata mesmo o repenicar das campás dese pobo soterrado polas augas, Alcaián.
Publicado por Fran e Rocío en 4:11 1 comentarios
Etiquetas: Historias e lendas
Interés turístico, Dumbría

Hai algúns castros que aínda se poden descubrir ou sospeitar. O que conserva mellor a súa forma circular, cos muros de protección, ainda que sin habitantes, é o de Regoelle, na parroquia de Olveira, ó borde mesmo da carretera que se dirixe de Ponte Olveira a Baíñas. Localízase facilmente por ter un poste de alta tensión dentro do seu recinto. Pr

Outro grupo de castros atópanse no monte Pedriña, pero foi desfeito ó construírse unha fábrica dependente da de Carburos Metálicos de Brens. Un dos recintos foi aproveitados para a construcción dos depósitos de auga. Na ladeira do monte Logoso, preto do lugar de Brasal (parroquia de Buxantes), localízase unha curiosa pedra oscilante. Dita parroquia ten unha bonita igrexa barroca cunha alta t

Dende o punto de vista paisaxístico, o lugar máis interesante é Ézaro, onde se da un fenómeno xeográfico pouco frecuente: a desembocadura dun río en fervenza sobre o mar. Tamén son moi acolledores os pintorescos tramos do Xallas, pasada a presa da Fervenza, en Ponte Olveira e fronte ó lugar de Campelo, onde se desenrola a Devesa de Anllares, que pertence ó municipio de mazaricos.
Publicado por Fran e Rocío en 4:09 0 comentarios
Etiquetas: Interés turístico
Interés turístico, Mazaricos

Os principais atractivos turísticos son os que se desprenden dos seus paisaxes de val e montaña, donde se ven con frecuencia cañas e escopetas. Practícase a pesca deportiva no Xallas e os seus afluentes, abundantees en troita, reo e salmón, onde se celebran concurridos concursos de pesca.
Tamén no aspecto paisaxístico e ecolóxico é digna de mencionarse a Devesa de Anllares. Na ribeira esqueda do Xallas, entre outros lugares de Campelo e Castelo desenvolvese unha fermosísima carballeira dunhas 50 hectáreas, lindando coas augas do río durante un par de kilómetros. Apenas se ven máis especies que o noble carballo e o seu t

Varias ermitas atópanse perdidas en lugares apartados e remotos do municipio, excepto a de San Xosé, que está ó borde da carretera, en Val. Entre aquelas a máis célebre é a da Virxe do Monte, onde se convoca unha concurrida romería, A Romaxe, o último domingo de agosto.
O nome do concello parece vir dun tipo de paxaros coñecidos en Galicia co nome de Mazaricos, aves limícolas de talla mediana, fáciles de ver pero difíciles de cazar por ser moi arisca e asustadiza. Das tres especies que se coñecen, a que foi vista no térmo municipal é o Mazarico Curlí ( "Nemenius Arquata"). de largo pico, que habita preto da costa e emigra no inverno cara o interior.
Publicado por Fran e Rocío en 4:08 0 comentarios
Etiquetas: Interés turístico
Ruta do Ézaro
A canalización do río e a costrucción do embalse de Santa Uxía cerrou este salto por motivos económicos. Na actualidade a central hidroeléctrica solo permite ver este fenómeno abrendo as súas portas unha hora os domingos.
Aínda que non poidamos contemplar este feito, merece a pena subir ó Mirador. Antes de cruzar a ponte do Ézaro, tomamos á esquerda unha estreita e empinada carretera que nos leva ata o mirador do mesmo nome. Alí podemos contemplar en todo o seu explendor a ría do Ézaro coa desembocadura do Xallas e as faldas do imponente Monte Pindo, que nos mira desafiante durante toda a etapa.
Publicado por Fran e Rocío en 4:06 0 comentarios
Etiquetas: Rutas
Camiño de Santiago

Publicado por Fran e Rocío en 4:06 0 comentarios
Etiquetas: Rutas
Rutas por Ferroatlántica

Pouco despóis desta encrucixada (pola esquerda pode visitarse a elegante igrexa barroca de San Pedro de Buxantes, atribuida ó ceense Domingo Antonio de Andrade), o camiño bifurcase. Cara o norte avanza, dereito por Pedras Loiras e polas "brañas" de Fonte Romeu, o Camiño Real. Seguindo cara o Sur, aproximamonos á ermida de A Nosa Señora das Neves, coa súa Fonte Santa. Restaurado en 1.997, ademáis dun agradable atrio arbolado, o santuario dispón dun cruceiro e dun manantial. A romería ten lugar cada 8 de setembro. Fose cal fose o camiño elexido, acabase chegando á outra ermida, a de San Pedro Mártir, que tamén conta co seu campo das festas e fonte santa que cura reuma , dores de pés e verrugas. Dende este lugar, situado xa no municipio de Cee, a ruta encamiñase cara o sur.
Publicado por Fran e Rocío en 4:05 0 comentarios
Etiquetas: Rutas
Rutas dos Saltos, Mazaricos
Publicado por Fran e Rocío en 4:03 0 comentarios
Etiquetas: Rutas
Cruceiros, Dumbría

No concello de Dumbría é o do Ézaro o exemplar máis destacado de entre os seus cruceiros. Está situado no camiño de baixada á igrexa parroquial de Santa Uxía e no grave perigo de desaparición pola progresiva despoboación do lugar e as obras que alí realizan. Ten unha mesa ou "pousadoiro", fuste cilíndrico, amplio capitel, cruz con figuras ben talladas e é de apreciable antigüidade.
Publicado por Fran e Rocío en 3:57 0 comentarios
Etiquetas: Construccións
Cruceiros, Mazaricos

Publicado por Fran e Rocío en 2:51 0 comentarios
Etiquetas: Construccións
Dolmen de Corveira

Publicado por Fran e Rocío en 2:49 0 comentarios
Etiquetas: Construccións
Enerxía hidroeléctrica
É sabido por todos que o desnivel que ten o río Xallas ó longo do seu curso é moi explotado por encoros para a obtención de enerxía.
O Xallas conta con seis centrais hidroeléctricas no seu curso, entre elas están:
a da Fervenza, Castelo, a Balsa, Ponteolveira, Santa Uxía e a do Ézaro.
Todas elas producen uns 133.000kw de potencia, son propiedade de Ferroatlántica que as emprega para abastecerse de enerxía, aínda así e pouca e precisa comprala restante a Fenosa.
Das centrais xa comentamos moito anteriormente polo que non imos repetir o mesmo.
Publicado por Fran e Rocío en 2:48 0 comentarios
Etiquetas: Aproveitamentos enerxéticos
Ferroatlántica
As minicentrais do Xallas creáronse para suministrarlle enerxía exclusivamente. Segundo fontes da factoría non producen a electricidade suficiente para as fábricas e teñen que mercar electricidade. Ferroatlántica só lle vende electricidade sobrante da cunca do Xallas a Unión Fenosa cando as fábricas de Brens e Dumbría paran pola noite.
Negaban, por certo, que os seus residuos contivesen metais pesados, como se queixan por veces os mariscadores de Cee. En marzo do 2005 deulles en cambio por recoñecer que a contaminación por hidrocarburos da ría de Corcubión era culpa deles. Esa declaración de parte seviulles para eludir sancións severas e saldaron a súa responsabilidade cunha doazón de cen mil euros á Fundación Arao, creada pola Xunta para recoller fondos tras o episodio do Prestige. Poucas semanas despóis, a Xunt

Da contaminación segue sen saberse nada. Tras case catro anos de pescudas, a consellería de Medio Ambiente continúa sen dicir de donde veñen os verquídos. Os bancos de marisqueo de Cee e Corcubión tiveron que pecharse media ducia de veces entre finais de 2002 e xullo de 2006. A Unión Europea ten claro que as factorías de Dumbría e Brens, como mínimo axuda ó efecto invernadoiro. As autoridades da Comisión téñenas inscritas no rexistro Esper. Nesta lista figuran as industrias vixiadas pola súa polución. Unha vez ó ano Ferroatlántica ten que informar ás autoridades das súas emisións contaminantes ( sobre unha lista de cincuenta substancias) e Bruxelas fai públicos eses datos.
Pero no outono de 2006 todo isto perdeu importancia. As catro inundacións seguidas que sufriu Cee arrastraron á ría de Corcubión litros e litros de auga doce, con lama chea de borralla da grave vaga de incendios do verán, estragando os bancos marisqueiros nunha imaxe apocalíptica, parecida en todo á marea negra do Prestige.
Ferroatlántica S. L. , constituída en setembro de 1992, con factorías en España, México e Venezuela, produce ferroaliaxes que se utilizan en sectores como a siderurxia, o aluminio, as siliconas, os eléctrodos de soldadura, os semiconductores ou as células solares fotovoltaicas. Segundo se lee na web da compañía, ten moita sona o eléctrodo elsa, patentado por eles e usado en todo o mundo na producción de silicio. Tamén dispoñen de estudos propios sobre a aplicación de microsílice en formigón de alta resistencia. A capacidade de producción anutal chega ñas 167.000 toneladas de ferrosilicio, ás 40.000 de silicio metal, ás 215.000 de ferromanganeso, ás 170.000 toneladas de ferrosilicomanganeso, ás 16.000 de pasta de eléctrodos, ás 44.000 de microsílice e ás 10.000 toneladas anuais de pulverizados.
Os recursos enerxéticos de Ferroatlántica baséase no aproveitamento hidráulico dos cauces dos ríos Xallas e Grande en Galicia e Esera e Cinca en Aragón. A división de ener

Ferroatlántica autoabastécese extraendo seixo industrial en Galicia das súas minas chamadas: Sonia, Conchitina, Esmeralda, Transmonte, Merlán e Cristina a través da sociedade Cuarzos Industriales e máis da mina de Serrabal da sociedade RAMSA, propiedade tamén do Grupo Villar Mir.
Por causa desta última, a de Serrabal, situada en Vedra e Boqueixón, interromperon as obras e estudaron mudar o trazado do tren de alta velocidade entre Ourense e Santiago. A liña pasaba polo xacemento de seixo e Ferroatlántica raclama nos tribunais a estratosférica cifra de 895 millóns de euros. A plataforma de concellos afectados polo AVE sostiña que o trazado apenas invadía o 10 ou 20 por cento do xacemento de seixo, uns 100 ou 200 metros dun total dun filón de tres quilómetros. A empresa di que a liña do ferrocarril pasa pola parte máis rendible desta mina, que produce o mellor seixo siderúrxico de todo o mundo co que abastecen as plantas de Sabón, Cee e Dumbría. Villar mir insinúa que os 40 postos de traballo de Serrabal e os 395 das tres factorías están en cuestións.
Como na política as afirmacións rotundas pouco duran, en abril de 2.006 cambioulle o aire ós cataventos. O Ministerio de Fomento desdíxose e anunciou que ía manter o trazado inicial, sobre a mina, que antes lle parecera inviable. O motivo disque era non buscar un distinto, que atrasaría dous anos o inicio das obras. Esta negociación foi relacionada en varios medios coa tramitación dos tres novos aproveitamentos hidroeléctricos do Xallas que solicitaran os de Villar Mir para crear outra central hidroeléctrica máis na presa de Castelo e ampliar as de Ponte Olveira e da Fervenza.
Publicado por Fran e Rocío en 2:48 0 comentarios
Etiquetas: Aproveitamentos enerxéticos
Enerxía eólica
A APPA replicou cualificando de inapropiadas as recomendacións de Rede Eléctrica. Os productores din que a desconexión automática dos aeroxeradores ante perturbacións na rede prodúcese por exixencia da normativa vixente e pola necesidade de protexer as máquinas ante estes incidentes. Á Asociación de Productores de Enerxía Eléctrica Renovables tampouco lle gustou moito que a REE opine sobre a cantidade de enerxía que haxa que instalar en Galicia. Disque que se ocupe de que a integración na rede se faga como é debido, que ese é o seu cometido. De todos modos, no ano 2.006 algúns técnicos sosteñen que , cos aeroxeradores axeitados, os parques galegos poderían pronducir cinco veces máis do que producen ocupando o mesmo espazo.
No ano 2.004 España foi o Estado que máis potencia eólica instalou (2.065 megavatios), contando a de Galicia.
A finais dese 2.004 comezaron a filtrarse á prensa algunhas queixas do sector contra os “especuladores” que obtiñan licencias da Xunta de Galicia para venderllas a prezos millonarios despois ás empresas eléctricas.
O nacemento do Xallas está presidido polo Parque Eólico do Castelo, posto en marcha por Unión Fenosa no ano 2.001. En contra do que o seu nome indica, estes máis de vinte aeroxeradores orientados cara ó oeste están plantados nos montes Maior e Atalaia, en territorio dos Concellos de Coristanco e Tordoia.
En abril do 2.005 vendo a desfeita dos viraventos na mon

O territorio galego é o quinto do mundo con máis potencia eólica instalada. A desconfianza que comeza a suscitar o aproveitamento modificou a estratexia das empresas do sector. Estas compañías das que só o 10% son firmas galegas, ofrecen investimentos de 3.000 millóns de euros a cambio de máis muíños e poren de ocupar máis montes. Pretenden conseguir 2.500 megavatios máis a cambio de crearen outros 2.500 postos de traballo.
Os ecoloxistas denuncian que cada unha das cen minicentrais que soportan os nosos ríos destrúe entre o 45 e 95% da fauna galega total. Iso non significa en cambio que os aeroxeradores sexan un maná divino sen repercusión no contorno.
No verán do 2.006 a Xunta pugnaba co Goberno Central para incrementar a xeración eólica de electricidade por riba do que Madrid lle permite.
Certo aire entre futurista e innovador dos viraventos brancos alentou tamaña proliferación deles por Galicia adiante. Aínda así, dentro dalgunha decada os nosos descendentes mirarán horrorizados a barbarie paisaxística e de mal gusto que perpetramos no afán de parecermos modernos.
Un estudo da Deputación da Coruña, presentado a finais de 2.005 polo profesor Manuel Lara, desvela que a Costa da Morte e Xallas teñen serias carencias enerxéticas. A zona precisa investimentos de 6,5 millóns de euros para pór como é debido a subministración de electricidade. Faltan transformadores, subestacións e interruptores que permitan illar as avarías. A iso haberá que engadirlle os custos dunha planta de gas licuado e unha mínima infraestructura de telecomunicacións que tire da “zona de

Estes datos contrastan cos 140 millóns de euros que ten previsto investir en Galicia Rede Eléctrica de España ata o ano 2.008 para mellorar a infraestrutura de “evacuación” da enerxía eólica e a das centrais das Pontes e Sabón.
É manifesta a cativa riqueza que o “feísmo” dos parques eólicos lle reporta a quen ten que vivir con eles no seu contorno: escaso beneficio como consumidor, e escaso tamén como habitante “integrado” no medio natural e rural que desmente a berros o discurso política e ecoloxicamente correcto dos muíños de vento.
Se existe un territorio que merece ser compensado coa creación dunha taxa sobre as empresas que explotan os seus recursos eólicos e hidráulicos é o do Xallas.
Publicado por Fran e Rocío en 2:46 0 comentarios
Etiquetas: Aproveitamentos enerxéticos
Curso final do río Xallas



Publicado por Fran e Rocío en 2:40 0 comentarios
Etiquetas: Curso do río Xallas
Río Beba

A Pontenova articúlase cun único arco dunha luz duns 10 metros. As reducidas dimensións do curso do río non fan necesaria a presenza de tallamares, aínda que a ambos lados, tanto augas arriba como augas abaixo, sitúan

Unha característica moi singular desta ponte é a longa calzada pola que se accede á mesma ponte dende a marxe occidental do rio. Para que esta longa calzada pola que se accede á mesma ponte dende a marxe occidental do río. Para que esta longa estructura non fora un impedimento ó discorrer das augas os días de enchente, foi perforada por dous ocos que evacuaban a auga que sobordaba do cauce nas longas invernías, contribuíndo a un mellor saneamento e conservación de toda a estructura. O emprego do arco apuntado e a axeitada combinación de aparellos, que contribúen á creación dun perfil lixeiro e estilizado. Pero a Pontenova , a diferencia do que o seu nome indica non só é unha ponte, senón un conxunto de elementos que o converten nun lugar moi especial: a presa, a praia fluvial, os muiños, o parque infantil, o merendeiro,etc
Publicado por Fran e Rocío en 2:39 0 comentarios
Etiquetas: Afluentes
lunes, 9 de marzo de 2009
Curso do río Xallas

Publicado por Fran e Rocío en 8:10 0 comentarios
Etiquetas: Curso do río Xallas
Ponteolveira
A pequena aldea limítrofe entre os concellos de Dumbría e Mazaricos pertence a este tipo de poboación. Aínda que nalgúns nomenclatores aparece denominada con tres topónimos diferentes: Ponteolveira para a zona da "ponte aló" , Mollón para a da "ponte acó" e Vista Alegre para a zona alta contígua a Mollón e con fermosa vista sobre o curso do río. Río que foi sempre punto de unión e, a pesar da riqueza de apelativos, a ponte e as súas circunstancias marcaron para sempre o lento fluír da vida a ambas marxes do Xallas.
Sobre a orixe desta ponte non hai datos concluíntes, hai autores, entre eles Artaza y Malvarez, que a sitúan na época romana e fala dunha suposta inscrición aparecida ó outro lado da ponte. Dato que aínda non foi corroborado polos especialistas e en todo caso, a obra que temos non conserva ningún elemento que poidamos considerar dese tempo.
Se as orixes romanas non están demasiado claras, o medievo parece que se aproxima un pouco máis.No ano 1286 o rei Sancho IV de Castela, concédelle a Muros importantes exencións encamiñadas ó impulso económico e social da vila, ademáis de outorgarlle un territorio para ser gobernado dende ela e que tamén contribuíra a súa prosperidade. A ese territorio pertencía Mazaricos e, precisamente, tiña na Ponteolveira un dos límites, de aí provén o topónimo Mollón, que tería un significado similar ó de marco e que dividía o alfoz de Muros que era do señorío do arcebispo de Santiago, da xurisdición de Corcubión que pertencía ó conde de Altamira.
Por estas mesmas datas, pola crecente importancia de Compostela no contexto espiritual de Europa, empezaría a cobrar importancia o camiño de peregrinación a Fisterra, que tería aquí na Ponteolveira unha das súas principais etapas. Camiño que se atopa recollido por diferentes cronistas, e totalmente xustificado dentro das diferentes tradicións que compoñen a historia do traslado dos restos de Santiago Apóstolo dende Xerusalén ata Galicia.
Na Idade Moderna xa comezamos a ter datos máis concretos sobre este encrave estratéxico. A ponte, tal e como se atopaba antes das desafortunadas obras de 1962, seguramente sexa de finais do século XVII ou de principios do XVIII. Construída con catro arcos de medio punto con contrafortes de planta triangular que reforzan a estrutura entre ollo e ollo. Ollos que son todos iguais e sobre os cales se depositaron diferentes materiais de recheo, formando o clásico perfil ascendente e descedente en forma de cumio que favorecía o saneamento da ponte.
Publicado por Fran e Rocío en 2:44 0 comentarios
Etiquetas: ponteolveira
lunes, 2 de marzo de 2009
Encoro de Ponteolveira

Publicado por Fran e Rocío en 9:07 0 comentarios
Etiquetas: Encoros
Curso do río Xallas

Publicado por Fran e Rocío en 9:03 0 comentarios
Etiquetas: Curso do río Xallas
Os muíños da Maquía

Publicado por Fran e Rocío en 9:02 0 comentarios
Etiquetas: Muíños
A Balsa do Cabrexo
Publicado por Fran e Rocío en 9:01 0 comentarios
Etiquetas: Curso do río Xallas
Encoro da Fervenza
Publicado por Fran e Rocío en 9:00 0 comentarios
Etiquetas: Vídeos
Embalse da Fervenza
Aquí vos deixamos unha presentación de fotos quitadas no embalse da Fervenza nunha visita que fixemos. Esperamos que vos gusten.
Publicado por Fran e Rocío en 9:00 0 comentarios
Etiquetas: Fotos
Afluentes do Xallas na Fervenza
Pola dereita:
Á altura de Caneiro ó encoro recibe augas do regato de Ponte Caneiro, que á súa vez chéganlle augas do regato de Amelleiras, do rego de Fonte Espiño e do rego de Campos. Na aldea de Villarradín ten como afluente o regato de Budoira. En Orvellido o encoro recibe auga do arroio que leva o mesmo nome da aldea.
Pola esquerda:
Á altura da aldea de Ribadeza recibe augas do rego de Valiño. Na aldea de Espigas chéganlle augas ó embalse do rego de Muíño. En Petón do Prado de Bouza aflúe á fervenza o río de Abeleiras. Á altura de Castellós de Fervenza chega o río de Vacaneiro no que desemboca o rego de Lago ó que á súa vez leva as súas augas o rego de Malagueriso.
Publicado por Fran e Rocío en 8:59 0 comentarios
Etiquetas: Afluentes