

A canalización do Xallas impide contemplar o "cadoiro" (salto de auga) do Ézaro en toda a súa beleza, pero nalgunhas ocasións é posible ver cómo o río precipitase dende unha altura superior ós 100 metros de caída. Ó longo dos séculos foise formando un pozo que rebasa os 16 metros de profundidade. Forma logo unha pequena ensenada ata desembocar na plaia do Ézaro, ó pé dos impresionantes peñascos de O Pindo e Penafiel. A espectacularidade deste fenómeno e os acantilados que o rodean motivaron un sinfín de lendas e tradicións, nas que
non está claro que hai de certo e que se debe á fantasía popular. O Pai Sarmiento no seu " Viaxe a Galicia" de 1745 di: " Non puiden acercarme a ver cómo se despeña, pero pasei moi cerca do sitio, e informeime, cae, non facendo un salto ou catarata, senon precipitandose e facendo un pozo de inmensa profundidade, e perigoso e levantando un como monte de escuma e polvoreda, pois o Ézaro leva moitísima auga".

0 comentarios:
Publicar un comentario