
Sin duvida unha das primeiras imaxes que nos ven a cabeza cando pensamos en Brandomil é a da súa maravillosa ponte, que ten moita historia. Esta ponte pese a que leva o nome de “romana” non pertence totalmente a esta época, xa que aínda que pode ter algún fundamento, as características constructivas son propias do século XVI. A ponte consta de 3 arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles, mentras que o cuarto é máis pequeño. Os tres arcos centrais, coinciden co cauce normal do río, e están formados por dúas roscas con uns 20 centímetros de voladizo. As bóvedas dos tímpanos son de sillería. Consérvanse ben os pretiles e un tramo de calzada que se alonga por un dos extremos chegando a cruzar a carretera principal. Ben coñecido é por todos que a ponte coa que actualmente nos podemos atopar non é a orixinaria , si non que é a reconstrucción feita despois da caída da orixinal, datando esta

0 comentarios:
Publicar un comentario