
Agora este acordo do Observatorio Galego terá que ser formalizado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza pertencente á Consellería de Medio Ambiente.
O carballo anano é unha especie arbustiva que medra no suroeste da Península Ibérica e máis en Marrocos. En Galicia existe unha pequena poboación illada nas abas do Monte Pindo (Carnota) que se sitúa a 500 km da poboO carballo anano é a primeira especie que se incorpora ó Catálogo Galego de Especies Ameazadas despois da súa aprovación no 2.007. Non entanto, existen moitos máis candidatos a formar parte da flora e fauna ameazada de Galicia. A maior dificultade que presentan as novas incorporacións a este Catálogo é a carencia de datos, sobre todo no aínda descoñecido mundo dos insectos onde se estima que en Galicia aínda hai por descubrir moitas especies novas para a ciencia.
A declaración como especie protexida implica que queda prohibido danar ás plantas e que deberá elaborarse un Plano de Conservación da especie que se agarda que sexa efectivo para aumentar o número de exemplares e mellorar a súa conservación.
Do mesmo xeito, ADEGA solicitará a declaración da área de distribución desta especie e do propio Monte Pindo como Monumento Natural, Paisaxe Protexida ou outra figura de protección ambiental que sirva ademáis de para garantir a conservación dos seus valores naturais, para promover o enorme interese ecoturístico e cultural desta privilexiada paraxe.
0 comentarios:
Publicar un comentario