
Conta cun amplo aparcadoiro de area, á dereita da ponte hai un amplo merendeiro, dotado de mesas e asentos en pedra, barbacoas, unha fonte de auga potable.... todo isto está situado baixo unha carballeira de carballo do país, Quercus robur.
Á esquerda da ponte temos a “praia”, para que teña máis nivel de auga ten unha presa artificial a todo o longo do río, a diferenza da praia de Esmorode, esta presa permanece inalterable todo o ano, posto que é de formigón e non se abre no inverno. Ten varios accesos, por escaleiras de pedra ou por un desnivel de area.
Como punto positivo, aparentemente non se ve ningún verquido contaminante.
Como curiosidade cabe destacar unha praga de cangrexo americano.
0 comentarios:
Publicar un comentario