A lagoa de Alcaián está situada na parroquia de Seavia (concello de Coristanco) tamén recibe o nome de Braña Rubia, esta denominación débese á cor do terreo que é vermello debido ós sedimentos de arxila alí acumulados durante o período cuaternario. A Braña Rubia aporta auga ó rio Mira que é o primeiro afluente importante do rio Xallas.Sobre esta lagoa existe unha curiosa lenda que afirma que baixo as súas augas habia unha gran vila, a vila de Alcaián.
A lenda conta que nunha noite de treboada entraron na vila dous forasteiros solicitando refuxio e comida. Os habitantes de Alcaián negándose a covixar ós dous homes céivanlle os cans botándoos deste xeito da vila. As dúas persoas eran Xesucristo e un dos seus apóstolos.
Cando estaban a sair da vila Xesucristo dase a volta e levantando a voz di:
Que me encirraches os cans
Afundiraste
E nunca arriba volverás.
Dise pola zona que en ocasións chéganse a escoitar os ladridos dos cans, o canto dos galos e ata mesmo o repenicar das campás dese pobo soterrado polas augas, Alcaián.


1 comentarios:
Acabo de descubrir este blog e paréceme moi interesante. Poderiasme dicir aproximadamente cando foi sacada a primeira foto desta entrada??
Publicar un comentario