lunes, 2 de marzo de 2009

Outros encantos de Brandomil

Sería moi inxusto decir que Brandomil só se limita a ter unha fantástica ponte, xa que ten moitos máis encantos, algúns deles, os máis destacados ímolos nomear a continuación. Nesta vila sitúan algúns historiadores a mansión de Grandimiro do Itinerario IV do emperador Antonio Caracalia, estos restos serían pertenecentes o século III, da calzada "per loca marítima". En realidade sí se atoparon restos romanos, entre os que destaca unha ara consegrada o deus celta Cosus. Ó lado dereito da ponte podemos atopar os restos dun castro celta, os cales non se atopan no seu mellor estado. Este castro foi romanizado debido ó forte asentamento deste pobo sufrido na zona, esto podémolo ver no Corpus de inscripcións romanas gravadas de Galicia, onde Brandomil ocupa un lugar moi importante, debido ás pedras gravadas que se atoparon no seus terrenos. Para os especialistas os testemuños epigráficos de Brandomil fan supoñe-la existencia dun núcleo de poboación procedente de fora da "Gallaecia" romana. Tódalas inscripcións son posteriores o século II despois de Cristo. Outro dato curioso, aínda que de unha importancia bastante inferior os que se recollen arriba, foi a aparición dun enorme mexilón de río atopado nas cercanía. Dito mexilón suponse que terá sobre uns cen anos de idade, sin duda un dos veciños máis vellos atopados na parroquia.

0 comentarios:

 
Río Xallas © 2007 Template feito por Templates para Você